25N | Charla de Uqui Permui, artífice da campaña “En negro. Contra as violencias”

25 11 2022 | Novas

Esta mañá no salón de actos, con motivo do 25 N contra a violencia machista, tivemos unha actividade conxunta con contidos transversais en materia de igualdade.

Esta acción realizouse para toda a escola coa presenza de Uqui Permui (deseñadora de experiencias de usuario) creadora de “En negro. Contra as violencias”.

Uqui Permui é exalumna da EASD Mestre Mateo; posteriormente realizou o grao en Comunicación Audiovisual e o master en Deseño de Experiencia de Usuario (UX). É autora da campaña En Negro Contra as violencias machistas iniciada no 2015 no Concello de Santiago de Compostela que a día de hoxe alcanza unha importante difusión social trascendiendo o eido local.

Actualmente é presidenta da Asociación Galega de Deseño (DAG), representando á mesma na (Red Española de Asociaciones de Diseño (READ).

Uqui Permuy  vén de organizar a 10º Encontro Nacional de Deseño (10ENAD) en Pontevedra este outono (21-22 de outubro) co título “Cidades imaxinadas, cidades deseñadas”. Co obxetivo de “dar a coñecer o estado do deseño español e propoñer liñas de pensamiento e acción para o sector, traballar sobre temas relevantes para a profesión e para o ecosistema donde esta se exerce, a cultura do deseño e a sua aplicación no industria”.

Entre as ponencias en 10ENAD podemos destacar  “Too Good to go” un movemento contra o desperdicio de alimentos #LaComidaNoSeTira, o Sistema Nacional de Inteligencia Creativa SNIC,  o Código Deontológico do diseño (READ) ,”Diseñar el desorden”, do arquitecto Pablo Sendra coautor co sociologo Richard Sennett ou o grupo GEN que presentou a sua reflexión sobre urbanismo e usabilidade das cidades entorno a perspectiva de xénero,

Axenda