INICIO CURSO | Benvida e información sobre o inicio do curso académico 2022/23

5 09 2022 | Novas

Benvidas/os ao novo curso académico. Os vindeiros 8 e 9 de setembro inauguramos o curso 2022/23.

O día 8 de setembro comezaremos ás 10h. no salón de actos da Escola (2º andar) co acollemento a cargo da Dirección ao alumnado de 1º curso das Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda e Deseño de Produto. A continuación, ás 11.15h. os titores/as de grupo farán o acollemento dos seus respectivos cursos nas seguintes aulas:

  • 1º curso Deseño de Moda: Salón de actos
  • 2º curso Deseño de Moda: Taller de Moda
  • 3º curso Deseño de Moda: Aula 34
  • 4º curso Deseño de Moda: Aula 44
  • 1º curso Deseño de Produto: Aula 13
  • 2º curso Deseño de Produto: Aula 31b
  • 3º curso Deseño de Produto: Aula 46
  • 4º curso Deseño de Produto: Aula 31a

O día 9 de setembro chega o turno para o alumnado das Ensinanzas Profesionais dos Ciclos de Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística. Ás 10h. o alumnado de 1º curso asistirá ao acollemento pola Dirección no salón de actos da Escola (2º andar). A continuación, ás 11.15h. os titores/as de grupo farán o acollemento dos seus respectivos cursos nas seguintes aulas:

  • 1º curso Fotografía: Salón de actos
  • 2º curso Fotografía: RMA
  • 1º curso Xoiaría: Aula 21
  • 2º curso Xoiaría: Taller de xoiaría
  • 1º curso Técnicas Escultóricas: Aula 41
  • 2º curso Técnicas Escultóricas: Aula 13
  • Taller de Dourado e Taller de Policromía: Taller de Dourado e Policromía
Por último, o vindeiro luns 12 de setembro iniciaremos a actividade lectiva con normalidade, tanto para o alumnado de Ensinanzas Artísticas Superiores (Deseño de Moda e Deseño de Produto), como das Ensinanzas Artísticas Profesionais (Ciclos de Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística) seguindo os horarios do curso, dispoñibles AQUÍ.
 

Axenda

This site is registered on wpml.org as a development site.