ACCESO ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES | Publicadas instrucións acceso e admisión alumnado curso 2025/26

22 04 2025 | Novas

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

 

Esta resolución define os requisitos de acceso para toda a oferta educativa de Ensinanzas Artísticas Superiores da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia:

  • Grao en EAS en Deseño Gráfico.
  • Grao en EAS en Deseño de Interiores.
  • Grao en EAS en Deseño de Moda.
  • Grao en EAS en Deseño de Produto:
    • Itinerario Xertal.
    • Itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos.

 

Acceso ao texto completo da convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250422/AnuncioG0761-070425-0001_gl.html

Aplicación de xestión de solicitudes:

https://www.edu.xunta.gal/eas/

Axenda