ACCESO | Listaxe de vacantes no CFGS de Fotografía e no de Técnicas Escultóricas, e no modular de Taller de Dourado e Prateado

21 07 2023 | Novas

Segundo se recolle na RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24, (DOG do 2 de maio), rematado o prazo ordinario de matrícula e no caso de que non se cubrisen todas as prazas publícase a listaxe de persoas en espera que obtiveron praza deste xeito e o número de prazas vacantes en cada ciclo formativo.

Vacantes dispoñibles na EASDMM:

  • CFGS Fotografía – 10
  • CFGS Técnicas escultóricas – 2
  • Ensinanzas modular: Taller de Dourado e Prateado – 10

PROBAS EXTRAORDINARIAS

Preinscrición: Do 24 de xullo ao 1 de setembro incluído. Realizarase a través da web da Escola en: Secretaría > Acceso > Técnico Superior, na lapela “INSCRICIÓN“, en “Preinscrición Online“.

Data das probas: 5 de setembro.

Lugar das probas: EASD Mestre Mateo.

Matrícula para os que acaden praza: 11 e 12 de setembro.

Máis información, ver a Resolución do 19 de abril

Novena. Distribución da oferta e criterios para a asignación de prazas.

(…)

2. Unha vez rematado o prazo ordinario de matrícula, e no caso de que non se cubrisen todas as prazas ofertadas, publicarase o día 20 de xullo no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://www.edu.xunta.gal, a listaxe de persoas en espera que obtiveron praza deste xeito, e o número de prazas vacantes en cada ciclo formativo, se aínda as houbese.

(…)

7. En cada escola de arte e superior de Deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada módulo da súa oferta modular das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. As condicións, os criterios e as probas de acceso serán os mesmos que os regulados para os ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, segundo o establecido nesta resolución. No caso de que queden prazas vacantes unha vez resolto o proceso de admisión, as ditas vacantes poderán ser ofertadas ás persoas aspirantes que desexen cursar módulos sen a superación das correspondentes probas de acceso. Neste caso, as prazas asignaranse por estrita orde de chegada da súa inscrición. Este alumnado poderá obter unha certificación das capacidades acadadas.

(…)

Décima. Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos

2. As persoas aspirantes que obteñan praza asignada nas listaxes publicadas o día 13 de xullo deberán formalizar a súa matrícula os días 14, 17 e 18 de xullo.

Unha vez rematado este prazo ordinario de matrícula, as escolas remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional mediante correo electrónico (sereap@edu.xunta.gal) a relación de persoas aspirantes matriculadas.

A relación de prazas asignadas, de prazas vacantes e a lista de espera publicarase o día 24 de xullo para os ciclos formativos de grao medio e de grao superior, no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades http://www.edu.xunta.gal. Igualmente, publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de Deseño de Galicia.

As persoas que obteñan praza asignada na listaxe publicada o día 24 de xullo deberán formalizar a súa matrícula entre os días 26 e 27 de xullo.

(…)

3. O día 28 de xullo, as escolas de arte e superiores de Deseño remitirán á Dirección Xeral de Formación Profesional a lista de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes.

4. As escolas de arte e superiores de deseño poderán convocar probas extraordinarias para o acceso a aqueles ciclos formativos de grao medio e de grao superior en que haxa prazas vacantes.

4.1. No caso de quedaren prazas vacantes no mes de xullo, as escolas de arte e superiores de Deseño poderán convocar probas extraordinarias, e estas realizaranse nos primeiros días de setembro cun calendario unificado entre os centros educativos convocadores, e será o último día de inscrición o 1 de setembro, tanto para os ciclos formativos de grao medio como para os de grao superior.

4.2. Estas probas extraordinarias terán lugar en cada escola de arte e superior de Deseño que teña prazas vacantes. Serán organizadas, supervisadas, avaliadas e cualificadas polo mesmo tribunal que fose nomeado para a organización, supervisión, avaliación e cualificación das probas de acceso realizadas no mes de xullo, e atendendo ao recollido na instrución oitava desta resolución.

4.3. Estas probas realizaranse de acordo co establecido nesta resolución, e os prazos, calendario e listaxes faranse públicos na páxina web de cada escola de arte e superior de Deseño convocadora. Cada tribunal publicará no taboleiro de anuncios e na súa páxina web as cualificacións definitivas da proba específica para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior o 11 de setembro.

 

Axenda