CALENDARIO 23/24 | Publicado o calendario escolar do curso que vén

20 05 2023 | Novas

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No seu CAPÍTULO III recolle:

Artigo 5. Calendario das actividades lectivas

(…)

2. As actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024, ambos incluídos, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Artigo 6. Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.

– Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

– Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.

Artigo 7. Días non lectivos

1. Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia (…) e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días lectivos (…) poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos (…).

3. Ademais dos anteriores, establécese o Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, e que no curso 2023/24 se celebrará o 7 de decembro de 2023.

Máis info: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-080523-0002_gl.pdf

Axenda