COLABORACIÓNS | O CFGS de Técnicas Escultóricas realiza os trofeos para o Concurso do Podcast O vello dos contos

11 06 2024 | Novas

O pasado venres celebráronse os premios do Podcast de fomento da lingua Galega O vello dos contos no IES Rosalía De Castro de Santiago de Compostela. O alumnado do CFGS de Técnicas Escultóricas, baixo a supervisión do profesorado da titulación, foi o responsable da realización dos trofeos.

O venres, 7 de xuño de 2024, ás 11:30 no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, celebrouse a gala de entrega dos 6º premios escolares de podcast Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”, os primeiros premios de podcast en galego e déronse a coñecer aos traballos gañadores e finalistas de cada categoría. Trala xuntanza dos membros do xurado, composto por profesionais da comunicación, profesorado e alumnado de ensino medio e secundario e persoas vencelladas da organización destes premios internacionais de podcast escolar, premios que levan o nome de quen foi a primeira estrela mediatica de Galicia, xa podemos dar a coñecer os traballos finalistas en cada categoría, correspondentes a podcast realizados por alumnado de centros educativos das catro provincias Pódense escoitar todos os podcast finalistas desta edición a través do enlace á canle de podcast do proxecto.

Fonte: https://arraianos.com/wordpress2024/o-vello-dos-contos

Axenda