CONCURSO | Convocado o VII Concurso de Imaxe EASD Mestre Mateo

13 09 2022 | Novas

O Departamento de Relacións con Empresas, Estudos ou Talleres convoca o “VII Concurso de Imaxe EASD Mestre Mateo”.

O obxectivo é seleccionar unha imaxe (fotografía, ilustración, etc.) para unha impresión de como máximo 300 exemplares que será empregada como agasallo para empresas e entidades colaboradoras da Escola, con fins non comerciais. As imaxes impresas irán numeradas e con certificado de autenticidade asinado pola autora ou autor.

Este concurso está dotado con dous premios en efectivo:

  • Un primeiro premio de 500€ para a persoa gañadora.
  • Un premio accésit de 200€.

A temática e técnica para a realización da imaxe é libre, e poderá ser realizada por calquera medio, dixital ou analóxico.

Poderá participar alumnado de calquera especialidade que estea matriculado na Escola no presente curso académico 2022/23, así como exalumnado egresado que teña titulado nos dous últimos anos.

A data limite para a entrega de imaxes é o venres 9 de decembro de 2022.

Descarga nesta ligazón as Bases Completas do Concurso de Imaxe 2022-23.

Imaxe: A gañadora do Concurso 2021-22, Sofía Solveira Montero, durante a sinatura das imaxes.

 

 

Sofía asinando

Axenda