Deseño de moda

Oferta formativa > Graos > Deseño de moda

TITULACIÓN
(Primer ciclo – MECES 2 – EQF 6):
Grao de Deseño de Moda

DURACIÓN
4 anos

Nº CRÉDITOS
240

CARÁCTER
Presencial

DISCIPLINA Caráct. Tipo Horas clase/sem Créditos ECTS
1º CURSO
Debuxo artístico F.B. T.P. 5 10
Volume F.B. T.P. 4 8
Sistemas de representación F.B. T.P. 2 6
Tecnoloxía Dixital F.B. T.P. 3 6
Fundamentos do Deseño F.B. T.P. 2 4
Deseño básico F.B. T.P. 3 8
Historia das artes e o deseño F.B. T. 3 6
Ciencia aplicada ao deseño F.B. T. 2 6
Patronaxe básica O.E. T.P. 3 6
  Total: 27 60
     
2º CURSO
Estruturas O.E. T.P. 2 4
Deseño gráfico aplicado á moda O.E. T.P. 2 6
Deseño de moda I O.E. T.P. 3 8
Técnicas creativas O.E. T.P. 2 4
Modelismo e prototipos O.E. T.P. 4 12
Tecnoloxía téxtil I O.E. T.P. 2 4
Materias téxtiles I O.E. T.P. 3 6
Patronaxe I O.E. T.P. 3 6
Historia da moda O.E. T. 3 6
Mercadotecnia da moda O.E. T. 2 4
  Total: 26 60
     
3º CURSO
Fotografía e moda O.E. T.P. 3 6
Cultura do deseño F.B. T. 3 6
Organización e lexislación F.B. T. 2 4
Tecnoloxía téxtil II O.E. T. 2 4
Materias téxtiles II O.E. T. 2 6
Deseño de moda II O.E. T.P. 4 8
Proxectos de deseño de moda O.E. T.P. 5 12
Patronaxe II O.E. T.P. 3 8
Complementos e estilismo O.E. T.P. 2 6
  Total: 26 60
     
4º CURSO – PRIMEIRO SEMESTRE
Estilismo escénico OP. T.P. 4 6
Comunicación audiovisual OP. T.P. 4 6
Patronaxe CAD OP. T.P. 4 6
Ilustración creativa OP. T.P. 4 6
Deseño de moda infantil OP. T.P. 4 6
Comunicación profesional OP. T.P. 4 6
Deseño de estampados OP. T.P. 4 6
Arquitectura efémera: Escaparatismo OP. T.P. 4 6
Imaxe global. Branding OP. T.P. 4 6
Deseño de Xoiaría OP. T.P. 4 6
Xoiaría 3D OP. T.P. 4 6
Total optativas OP. 20 30
4º CURSO – SEGUNDO SEMESTRE
Prácticas externas O.E. P. – – – 12
Traballo de fin de estudos (TFE) O.E. T.P. – – – 18
  Total 4º Curso: – – – 60

Caract.= carácter da materia; F.B.= Formación Básica; O.E.= Obrigada na especialidade; OP.= Optativa

Tipo: T= Teórica; T.P.= Teórico-práctica; P= Práctica

As ensinanzas de Deseño de Moda buscan a capacitación profesional que permita unha rápida incorporación ao mercado laboral: xa sexa poñendo en marcha o seu propio proxecto, ou entrando a formar parte dos departamentos de deseño de empresas punteiras do mundo da moda.

O deseñador de moda é un profesional capaz de configurar material e formalmente os produtos de deseño téxtil e da indumentaria en distintos ámbitos, atendendo as necesidades e as tendencias do mercado, de creatividade, de innovación e a súa viabilidade técnico-produtiva, económica, medio-ambiental e sociocultural. Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son:

 

  • Deseño de moda e indumentaria.
  • Coolhunter – Investigación de tendencias.
  • Estilismo.
  • Dirección artística.
  • Vestiario teatral e cinematográfico.
  • Deseño de complementos.
  • Deseño téxtil.
  • Deseño e xestión de imaxe corporativa.
  • Xestión empresarial de actividades creativas.
  • Deseños personalizados ou corporativos.
  • Deseño de moda e indumentaria para actividades especificas.
  • Figurinos.
  • Xastraría e confección á medida.
  • Deseño, investigación e desenvolvemento de novos conceptos, materiais, aplicacións e produtos.
  • Investigación e docencia.
SAÍDAS PROFESIONAIS

Competencias transversais do título superior de Deseño

Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias transversais:

T1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T5. Comprender e utilizar, polo menos, unha lingua estranxeira no ámbito do seu desenvolvemento profesional.

T6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal. 

T7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

T10. Liderar e xestionar grupos de traballo.

T11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

T12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

T16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

T17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos. 

Competencias xerais do título superior de Deseño

Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias xerais:

X1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos. 

X2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio. X6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.

X7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

X8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X9. Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.

X10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

X12. Afondar na historia e na tradición das artes e o deseño.

X13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.

X14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.

X15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

X16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sustentables. 

X17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.

X18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X21. Dominar a metodoloxía de investigación.

X22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

Competencias específicas do título superior de Deseño na especialidade de Moda

Ao rematar os seus estudos, os/as titulados/as superiores de Deseño na especialidade de deseño de Moda, deben posuír as seguintes competencias específicas:

EM1. Xerar propostas creativas de deseño de moda e indumentaria adecuadas aos condicionamentos materiais, formais, estéticos, comunicativos e funcionais dos supostos de traballo.

EM2. Concibir e materializar proxectos de deseño de moda e indumentaria que integren os aspectos formais, materiais, técnicos, funcionais, comunicativos e de realización.

EM3. Coñecer as características, propiedades e comportamento dos materiais utilizados nos distintos ámbitos do deseño de moda e indumentaria.

EM4. Coñecer a maquinaria e os procesos de fabricación, produción e manufacturamento dos sectores vinculados ao deseño de moda e indumentaria.

EM5. Adecuar a metodoloxía e as propostas de deseño á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

EM6. Fundamentar o proceso creativo en estratexias de investigación, metodolóxicas e estéticas.

EM7. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

EM8. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e de realización que xurdan durante o desenvolvemento e a execución do proxecto.

EM9. Analizar os estudos de mercado e a súa incidencia no desenvolvemento de novos produtos e coleccións.

EM10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de moda e indumentaria. 

EM11. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e a execución de proxectos de deseño de moda e indumentaria.

EM12. Coñecer o marco económico e organizativo en que se desenvolve a actividade empresarial.

EM13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño de moda e indumentaria.

EM14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

EM15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción. 

 

As Ensinanzas Superiores de Deseño só se poden cursar en modalidade presencial.

 

Matrícula

A primeira matrícula deberá realizarse por curso completo.

Nas seguintes matrículas, o número mínimo de créditos matriculados por curso académico será de 30, e o máximo será de 75. Non se terá en conta a estes efectos os créditos asociados ás disciplinas nas que o alumnado teña solicitado e obtido o recoñecemento.

De ser o caso, será obrigatoria a matrícula en tódalas disciplinas pendentes.

Renuncia de matrícula. O alumnado poderá solicitala en setembro ante a Dirección da Escola. Non implicará a devolución de taxas.

 

Convocatorias

Número de convocatorias:
En cada curso haberá dúas convocatorias para cada disciplina (ordinaria e extraordinaria).
Disponse de 4 convocatorias para superar cada disciplina -agás para as Prácticas externas e para o Traballo de fin de grao, que serán 2 convocatorias-.
Esgotadas as convocatorias, poderá solicitarse ao Director da Escola a concesión dunha convocatoria extraordinaria, alegando causa xustificada, no prazo de 5 días dende que se comunica a cualificación que esgota a cuarta convocatoria.

Anulación de convocatoria:
Non se presentar ás probas esgota convocatoria, salvo que se solicite a súa anulación.
Os prazos para solicitar a anulación de convocatorias (ordinaria e extraordinaria) pódense consultar no Calendario Escolar de cada cuso publicado na web

As solicitudes de anulación deberá dirixirse ao Director da Escola, acreditando unha causa xustificada, non sendo admisible a simple falta de rendemento académico.

 

Permanencia

A permanencia máxima na Escola será de 8 cursos académicos por especialidade.

 

Avaliación

A avaliación é continua. A asistencia do alumnado a clase é obrigatoria.
Os criterios de avaliación especificaranse nas programacións didácticas.

A avaliación do Traballo de fin de grao requirirá ter aprobadas a totalidade das demais materias do plan de estudos.

As cualificacións serán numéricas, de 0 a 10 cun decimal, e poderá engadirse cualificación cualitativa:

0 – 4,9 : suspenso (SS)
5,0 – 6,9: aprobado (AP)
7,0 – 8,9: notable (NT)
9,0 – 10: sobresaínte (SB

A mención de matrícula de honra poderase outorgar a alumnos/ás con cualificación de 9,0 ou superior, ata un número máximo dunha por materia.

 

 
Materias chave
 
 
1º curso 2º curso 3º curso
Tecnoloxía digital Deseño gráfico aplicado á moda  
Volume Estruturas  
Deseño básico Deseño de moda I Deseño de moda II
Patronaxe básico Patronaxe I Patronaxe II
  Modelismo e prototipos Proxectos de deseño de moda
  Tecnoloxía téxtil I Tecnoloxía téxtil II
  Materias téxtiles I Materias téxtiles II

 

Reclamacións

Poderá presentarse reclamación contra as cualificacións finais ante o Director da Escola, no prazo de dous días hábiles dende a comunicación pública da cualificación. Descargar o modelo para presentar as reclamacións aquí

 

Idioma en que se imparte o título

Galego e Castelán