DESEÑO PRODUTO | Publicado o novo itinerario do título de Grao en Deseño de Produto en Xoiaría e Complementos

10 05 2023 | Novas

A partir do curso que vén o alumnado que se matricule no título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores na especialidade de Deseño de Produto poderá seguir o itinerario xeral, que xa estaba implantado, ou ben especializarse a través do novo itinerario de Xoiaría e Complementos.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o DECRETO 41/2023, do 20 de abril, polo que se modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, e que establece dous itinerarios dentro do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto.

O Decreto establece o novo plan de estudos de Deseño de Produto, e ofrece aos estudantes a posibilidade de escoller entre os itinerarios:

  • “Xeral”
  • “Xoiaría e complementos”

O 1º curso dos catro necesarios para completar os estudos conducentes ao título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto será común para ambos itinerarios. Será a partir de 2º e até o 4º curso cando o alumnado realizará un ou outro itinerario en función da súa elección e das prazas dispoñibles -12 para o itinerario “Xeral”; e 15 para o itinerario de “Xoiaría e Complementos”-.

Axenda