DESPUNTE | Claudia Figueira Caamaño Premio Despunte á mellor colección por “Primavera”

6 11 2022 | Novas

A Cidade da Cultura acolleu a 12ª edición de Despunte, da EASD Mestre Mateo

 

  • O xurado profesional entregou o Premio Despunte á mellor colección na categoría de alumnado egresado (Patrocinado por Roberto Verino) a Claudia Figueira ; o Premio Fusión Artesanía e Deseño á mellor colección que integre a artesanía e o deseño (Patrocinado por Fundación Artesanía de Galicia) foi para  Eduardo Rial Barral “A rama D’Ouro; o Premio Miscelánea á mellor colección na categoría de alumnado de últimos cursos (Patrocinado por Aquelando eventos e Carmen Díaz estilista) foi para Alberto Barco Ogando por “?”; e a Sonia Arnaiz Casal por “Golden Wave”o Premio Xoiaría á mellor colección de Xoiaría (Patrocinado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia)
  • A EASD Mestre Mateo organizou tamen pola mañá unha xornada de Talent Recruitment

 

Santiago, 3 de novembro.- Preto de 1.000 convidados asistiron esta tarde a 12ª edición de Despunte, a pasarela na que o alumnado do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo amosou as suas propostas e que foi presentado por Marta Doviro

 

Premios Despunte

O xurado profesional entregou un total de catro premios. Claudia Figueira  gañou o premio á Mellor Colección Despunte por “Primavera “, á Mellor Colección na categoría de alumnado egresado (Roberto Verino outorgoulle un contrato de formación na súa empresa); Eduardo Rial Barral “A rama D’Ouro” foi Mellor Colección Fusión Artesanía e Deseño De Moda, á mellor colección que integre a artesanía e o deseño (a “Fundación Artesanía de Galicia”- outorgoulle un premio de 1500€); a Mellor Colección Miscelánea, á mellor colección na categoría de alumnado de últimos cursos foi para Alberto Barco Ogando por “?” (Aquelando Eventos e Carmen Díaz outogaronlle un premio de 400€) e Sonia Arnaiz Casal gañou a Mellor Colección De Xoiaría por “Golden Wave: O Colexio de Xoiaría de Galicia outorgalle unha suscripción durante 1 ano ao Colexio de Xoiaría ao deseñador grañador.

O xurado dos Premios Miscelánea, Despunte e Artesanía estivo integrado por Dora Casal, CEO de Roberto Verino; Sonia de Gerónimo, artífice e artesá da súa propia marca Degerónimo; Carmen Díaz, estilista ao fronte de Kookai Naf Naf Santiago, e por Natalia Alcayde, comunicadora de moda.

En xoiería por Luís González Bahamode, vicepresidente do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia; Josefa Castro, orfebre e xerente de Noroeste Obradoiro e Arturo Ouro, presidente de Ourives de Compostela.

 

Visibilidade e oportunidades de emprego

Na mesma mañá a EASD Mestre Mateo organizou unha xornada na Cidade da Cultura de Talent Recruitment que puxo en contacto aos alumnos do centro público de estudios con compañías do sector interesadas en incorporar talento aos seus equipos, entre eles unha representación de RRHH de Inditex.

 

Agradecemento

Para a organización do desfile a EASD Mestre Mateo contou coa colaboración do Centro Integrado de Formación Profesional Someso (responsables do peiteado e maquillaxe das modelos), á Cidade da Cultura (quen un ano máis facilitou a cesión do espazo e dos seus servizos), a Fundación Artesanía de Galicia e á Dirección Xeral de Comercio e Consumo (patrocinadora do Premio Fusión Artesanía e Deseño), a Roberto Verino (patrocinador do Premio Despunte), a Carmen Díaz e Aquelando Eventos (patrocinadores do Premio Miscelánea), ao Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (patrocinadores do Premio de Xoiaría), ao xurado, a todo o alumnado e profesorado que se volcou na celebración e organización do evento; ao alumnado do Ciclo Superior de Fotografía (que está a realizar toda a reportaxe do evento), alumnado do Ciclo Superior de Xoiaría, alumnado do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda, que ademais de deseñar, colabora xa desde os primeiros cursos na loxística, tanto fóra como no backstage.

 

Emisión en streaming

O desfile púidose ver tamén vía streaming a través da canle de Yotube da Escola, onde está dispoñible para continuar visualizándoo en diferido.
Pódese acceder a través da seguinte ligazón, a partir do minuto 11.35:

DESPUNTE’22

 

Fotografía: Claudia Figueiras e Eduardo Barral logo da entrega dos Premios, realizada polo alumnado do CFGS Fotografía EASD Mestre Mateo.

Axenda