BOLSAS MOP | Convocatoria de bolsas no estranxeiro para alumnado do CFGS de Fotografía

1 07 2024 | Uncategorized

Convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía no marco do convenio Xunta de Galicia + Fundación MOP.

 

  • Prazo de inscrición

    Do 1 ao 22 de xullo de 2024.

  • Obxecto

    Convocatoria de catro bolsas para alumnado das catro escolas de arte e superiores de deseño (unha bolsa por cada escola) da Comunidade Autónoma de Galicia que finalice o segundo curso do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de artes plásticas e deseño en Fotografía.

  • Contido das bolsas

    Cada bolsa dará dereito á viaxe, aloxamento, programa educativo e manutención xerados pola estadía artística das persoas bolseiras na Fundación Sozzani (Milán), entidade colaboradora da Fundación MOP neste programa, ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2024.

  • + info

    https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42852

Axenda