CHARLA | Ana Pérez Valdés fálanos sobre moda, cine e investigación

14 12 2023 | Uncategorized

Esta mañá Ana Pérez Valdés, titulada en deseño de moda e belas artes e doutora en arte contemporáneo pola Universidade de Vigo, impartiu unha charla no marco da disciplina de Historia da moda de 2º curso do Grao en EAS en Deseño de Moda. Durante a súa intervención realizou un percorrido pola súa carreira durante os últimos 15 anos, compartindo detalles e experiencia no desafiante terreo da creación contemporánea, a moda, o cine e a investigación.

Ana Pérez Valdés presenta en 2009 a súa primeira colección de moda na Fashion Week madrileña e funda Våldnad, un proxecto multidisciplinar coa moda e o corpo como eixos centrais. Desde entón ten participado en diversas pasarelas de moda, exposicións de arte colectivas e festivais de cine e videocreación.
Entre as súas exposicións recentes cabe destacar Écrans (Oviedo e Avilés), ACTITUD (Nijmegen, Países Baixos) Join the Reunion (Tilburg, Países Bajos) Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico (Vigo, España y Medellín, Colombia) Espaço Residual (Monçao, Portugal), así como a súa participación nos festivais Traverse Vidéo (Toulouse, Francia), Novos Cinemas (Pontevedra, España) e o Festival Internacional de Cine de Gijón (España).
O seu último proxecto, Con/suere, desenvolveuse na Cidade da Cultura grazas ás Axudas REGA 2023. Este é un proxecto onde fusiónanse a creación e a investigación e que quere reivindicar a costura realizada no ámbito doméstico, fóra da industria.

Axenda