DESPUNTE | O 20 de febreiro a Cidade da Cultura acolle a Gala Despunte 2025

18 02 2025 | Uncategorized

O vindeiro 20 de febreiro ás 18.30h. o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle o desfile Despunte 2025.

A EASD Mestre Mateo celebra un ano máis a súa tradicional Gala, co desfile de moda e os premios a tódalas especialidades da escola. Nesta 15ª edición acollerá unha mostra dos traballos finais de estudos da última promoción do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda, así como do alumnado do último curso desta especialidade. Logo do desfile entregaranse os premios Despunte a todas as especialidades que se imparten na Escola (Grao en EAS en Deseño de Produto, CFGS en Fotografía, CFGS en Técnicas Escultóricas e CFGS en Xoiaría Artística), tanto ás participantes na Gala Despunte, como na Exposición Despunte. A exposición, que se inaugura o 18 de febreiro, poderá visitarse do 19 de febreiro ao 9 de marzo na Fundación Eugenio Granell.

A Escola quere abrir a todo o mundo a posibilidade de asistir coas entradas que queden dispoñibles. O mércores 19 de febreiro a partir das 10h. da mañá e a través da seguinte ligazón poderanse adquirir as entradas até esgotar existencias:

DESCARGA AQUÍ AS ENTRADAS*

*Dispoñible a partir do mércores 19 ás 10h.

Axenda