ERASMUS | Convocatoria propostas novas sinaturas de acordos interinstitucionais. Curso 2024/25

18 09 2024 | Uncategorized

A Oficina Internacional da EASD Mestre Mateo ten intención de firmar novos acordos interinstitucionais con universidades e escolas superiores estranxeiras co obxectivo de que tanto o alumnado coma o profesorado poida gozar de bolsas Erasmus+ en centros que sexan do seu interese.

Para este fin, ábrese un prazo durante todo o curso escolar para que as persoas interesadas localicen escolas superiores e universidades estranxeiras e remitan un correo electrónico coa información que consideren pertinente á Oficina Internacional a través do correo erasmus@easd.es

Condicións:
1. O centro de estudos proposto debe formar parte da Unión Europea (1).
2. Debe ser un centro de estudos no que se imparta algún dos estudos da Escola, no mesmo nivel e especialidade, e que estea tamén en posesión da Carta Erasmus de Educación Superior (2).
3. A Oficina Internacional resérvase o dereito de aceptación ou denegación do acordo interinstitucional no caso de que as condicións non sexan de proveito para a Escola.


(1) Bélxica, Bulgaria, Chequia, Dinamarca, Alemaña, Estonia, Irlanda, Grecia, España, Francia, Croacia, Italia, Chipre, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Hungría, Malta, Países Baixos, Austria, Polonia, Portugal, Rumanía, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia, Suecia.

(2) Ligazón de descarga da Carta Erasmus da EASDMM: https://easd.es/wp-content/uploads/2021/07/Erasmus_Charter_for_Higher_Education.pdf

Axenda