EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA | A exposición X-máis eu poderá visitarse en El Corte Inglés durante todo o nadal

14 12 2023 | Uncategorized

O alumnado do 2º curso de Fotografía estará presente desde hoxe 14 de decembro e até o 7 de xaneiro na SALA DE EXPOSICIÓNS de EL CORTE INGLÉS en Santiago de Compostela, a través dunha exposición fotográfica en torno ao nadal.

As instantáneas, realizadas como parte dunha actividade de clase desde os módulos de Técnica Fotográfica II e Proxectos de Fotografía II, constitúen un exercizo de síntese do concepto do nadal. O resultado son 24 obras fotográficas que aportan a visión subxectiva do nadal de cada integrante da exposición, un mosaico de sensacións que vai desde a fotografía de retrato, o bodegón ou os xogos de luces, até o “collage”.

A exposición, para a que se contou coa colaboración e patrocinio de El Corte Inglés, estará aberta ao público até o día 10 de xaneiro.

Axenda