Galteo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o Premio “A Lingua, arte da túa terra”, ao que se poderá presentar todo o alumnado da EASD Mestre Mateo, que no seu proxecto Final de Estudos, poña en valor a Lingua e a Cultura Galegas.
Bases:
- Poderán optar ao premio os Proxectos nos que a lingua utilizada sexa a galega, tanto na escrita como na presentación ante o tribunal.
- Primarán aqueles proxectos que poñan en valor a Cultura Galega: ben pola temática, os materiais empregados, etc.
- Cada participante deberá encher un formulario de rexistro dispoñible na web, e envialo por correo electrónico.
- Haberá un premio para cada Ciclo Formativo e outro para cada un dos Estudos Superiores, dotados con 200€ cada un.
- Serán aceptados tódolos Proxectos Finais do curso académico da convocatoria do premio, que acaden unha cualificación igual o superior a 5.
- Data límite de presentación: 30 de Xuño Pasado o prazo, non se admitirá ningún Proxecto.
- O xurado estará composto polas/os integrantes do EDLG.
- A resolución comunicarase por correo electrónico as/os gañadoras/es.
- As/os gañadoras/es asinarán un documento de cesión de dereitos de imaxe e/ou autor/a, de ser o caso.
- O premio pode quedar deserto se Galteo así o estima.
- Para calquera dúbida pódese contactar con Galteo no enderezo electrónico: galteo@easd.es
- A participación no Premio implica a aceptación destas bases.
Descarga as bases en pdf.