A EASD Mestre Mateo en colaboración co grupo de investigación Iacobus organiza as II Xornadas USC – EASDMM, que permiten achegar ambas institucións. Desde Deseño en Compostela: Da teoría á práctica buscamos o contacto entre dúas comunidades dedicadas ao estudo e práctica do DESEÑO abrindo un necesario diálogo entre dous centros complementarios onde a teoría se une á achega da experiencia próxima e o traballo manual.
O día 1 de febreiro pola mañá Falaremos de Deseño no Paraninfo da Universidade e pola tarde Faremos Deseño adicándonos á experiencia a través de visitas guiadas e coa participación activa en talleres na Escola.
INSCRICIÓN
Podes inscribirte nesta mesma páxina a través das ligazóns colocadas a continuación xunto ao programa.
Información importante para a reserva das visitas e talleres:
+ Só poderá reservarse unha visita e un taller por persoa.
+ Para este evento a reserva é totamente nominal, polo que independentemente de que se marque 1 ou 2 no apartado de Nº de invitacións/ reservas, a reserva computará como 1.
PROGRAMA
FALAMOS DE DESEÑO
(Aberto a todo o alumnado de Historia da Arte e Deseño de Moda e Produto. Non necesaria inscrición)
09.15h.
- A forma da necesidade. Respostas creativas para a sociedade actual. Juan Monterroso
- A moda na retratística de Julia Minguillón. Mónica Rey
- Creatividade e deseño. Un caso práctico. Brais Albor
- Pechando o círculo. Pensamento e práctica nun estudo de deseño. Isaac Piñeiro
SOMOS DESEÑO
Prazas limitadas. Previa inscrición
16.00h.
- Visita á Facultade de Xeografía e Historia da Arte: paraninfo, biblioteca e outros espazos singulares. José Manuel García Iglesias/ Juan Monterroso/ Dolores Barral – Prazas: 75 – INSCRÍBETE AQUÍ
- Visita aos talleres da EASD Mestre Mateo. Iria Parga/ Elisa González – Prazas: 50 – INSCRÍBETE AQUÍ
FACEMOS DESEÑO
Prazas limitadas. Previa inscrición en www.easd.es do 22 ao 26 de febreiro
18.00h.
- Para quen deseñamos? Contar historias a través de personaxes. Desirée Vidal – Prazas: 10 – NON QUEDAN PRAZAS
- Creando monstros. Deseño e materialización dunha Gárgola. Miguel Vigo – Prazas: 10 – NON QUEDAN PRAZAS
- Deseño de produto con corte láser. Esther Novo/ Araceli Díaz – Prazas: 8 – NON QUEDAN PRAZAS
- Dourado e prateado: a técnica. Santiago Riande – Prazas: 8 –NON QUEDAN PRAZAS
- A linguaxe do xesto. Retrato en cores planas. Marcos Vilariño/ Mariano Casas – Prazas: 16 – INSCRÍBETE AQUÍ
- Origami téxtil: creación de texturas. Patricia Agudo/ Mercedes Vega – Prazas: 10 – NON QUEDAN PRAZAS