Convócase á comunidade educativa da EASDMM a participar na 6ª Residencia de Artistas Emerxentes – Encontros de Mariñán.
A RESIDENCIA DE ARTISTAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán) consiste nunha residencia artística que se celebra no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Deputación Provincial de A Coruña coa colaboración das universidades galegas, os conservatorios de música de A Coruña e Vigo, a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, o CIFP de Imaxe e Son e as catro escolas superiores de arte e deseño de Galicia. Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria.
Este ano homenaxéase a Isaac Díaz Pardo, e cúmprense 75 anos da morte de Castelao. A partir das súas obras proponse o tema: #TERRA: MATERIA E LUGAR como campo de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación.
Un ano máis, o alumnado das institucións de formación implicadas traballará de forma interdisciplinar para desenvolver proxectos creativos in situ, que serán presentados ao público nunha xornada de portas abertas ao remate dos Encontros e posteriormente expostos nun lugar e data por determinar. Cada unha das institucións educativas implicadas selecciona aos seus representantes, que se incorporarán aos diferentes equipos de traballo interdisciplinares nas xornadas de convivencia dos Encontros.
Para participar debedes enviarnos a vosa solicitude de participación, antes do 11 de abril ás 11h.
Podedes consultar aquí o cartaz e o dossier informativo: