A comisión avaliadora da EASD Mestre Mateo vén de facer pública a listaxe provisional das persoas participantes nas VII Residencias Artísticas “Encontros de Mariñán” para o curso 2025/2026. Tras a análise de todas as candidaturas, seleccionáronse tres propostas finalistas con base nos puntos estipulados na convocatoria.
Seguindo o obxectivo de optimizar o aproveitamento dos recursos públicos e garantir a plena ocupación da cota de 4 prazas asignadas ao centro, deuse prioridade á selección daquelas propostas presentadas por grupos de 4 persoas que cumprían os requisitos mínimos de participación. Así mesmo, coa finalidade de facilitar a experiencia á maior variedade de especialidades posible, incluíuse como finalista un proxecto interdisciplinar integrado por persoas de dúas especialidades distintas.
A resolución provisional do baremo queda establecida do seguinte xeito:
-
Equipo seleccionado (Asisten): O proxecto “Sete velas”, cunha puntuación total de 6,97275. O grupo está conformado polo alumnado do CFGS de Fotografía: Carla Duro Vidal, Claudia Barbeito Vilacoba, Leonor Vázquez Veira e Teresa Cebeiro Pozo, titorizado polas docentes Rosa Figueroa e Mercedes Vega.
-
Reserva 1: O proxecto “Por que as avelaíñas van á luz”, cunha puntuación de 6,97043. O grupo está integrado polo alumnado Alba Iglesias Aceiro e Candela Eirea Orro (do CFGS de Xoiaría Artística), xunto con Ouri Cames Lourenzo (do CFGS de Técnicas Escultóricas), e titorizado polos docentes Lidia Nieves e Julián Díaz.
-
Reserva 2: O proxecto “Lanada aquí. Un relato visual.”, cunha puntuación de 6,81015. O grupo está formado polo alumnado do Grao en EAS en Deseño de Moda: Paula Áñez Fajardo, Adriana Alonso Álvarez, Sofía García Rodríguez e Marina Lamelo Vallejo, titorizado polas docenes Irene Regueiro e Alba Permuy.
Prazo de emenda de acreditacións:
Establécese un prazo de emenda durante os días 30 de abril e 1 de maio, habilitado durante todo o día. As persoas interesadas deberán enviar os diplomas ou certificados correspondentes mediante correo electrónico ao enderezo vicedireccion@easd.es. Lémbrase que para seren baremados, os premios deben estar debidamente acreditados e teren sido obtidos a través dunha entidade pública dependente da Xunta de Galicia.
Acceso á resolución provisional co detalle de puntuación.


