ENTROIDO | Un pouco de historia

21 02 2023 | Novas

Como ben nos contan desde GALTEO, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EASD Mestre Mateo, “a palabra Entroido aparece documentada en lingua galega xa dende 1251. Antroiro, antrudio, antruido, entrudio, entrudo, entruido, intrudio, intruido… Son moitos os xeitos de nomear estas festas populares que tanto nos gustan. A Real Academia Galega recolle seis formas para referírmonos a este período situado entre os meses de febreiro e marzo.”

O entroido, antroido, antroiro, antrudio, antruido, entrudio, entrudo, entrudo, introido, intrudio, intruido… é a festa máis subversiva do ano, na que se relaxan os costumes, invírtense os roles e podémonos rir de todo. Neste período que precede á Coresma, celébranse festas populares con máscaras, comparsas, bailes… en toda Galicia. O entroido ten unha fonda tradición na nosa terra. Durante o franquismo foi un dos poucos lugares de España onde se seguiu a celebrar, malia á prohibición. É tal a importancia que ten para os galegos que hai máis de 175 municipios nos que son festivos o luns ou martes de entroido, ou o mércores de cinza. Por se fora pouco, a nosa comunidade conta con até 8 entroidos declarados “Festa de Interese Turístico”.

+ info:

Turismo de Galicia

Entroido, antroido ou carnaval?

 

Ilustración: GALTEO

Axenda