ERASMUS | Aviso en relación ás prácticas para estudantes que realicen mobilidades Erasmus SMS no curso 2023/24

15 03 2023 | Novas

Desde a EASD Mestre Mateo somos conscientes da casuística que se atopa o alumnado adxudicatario das bolsas Erasmus SMS ao reincorporarse á Escola no 2º cuatrimestre, xa que non sempre coincide o calendario dos centros de acollida co noso.

Por este motivo, ofrécense diferentes opcións para a realización das Prácticas Externas segundo a casuística concreta do calendario do centro de acollida:

Alumnado que finaliza a súa estadía Erasmus antes do día 1 de marzo.

Realizará as súas prácticas con normalidade, segundo o calendario xenérico de empresas.

Alumnado que finaliza a súa estadía Erasmus logo do día 1 de marzo.

Terá catro opcións:

  1. Renunciar tanto ás prácticas externas como ao Traballo Fin de Estudos e deixalo para o curso seguinte, por causa de participar nunha mobilidade Erasmus SMS durante o primeiro semestre, e matricularse novamente nestas disciplinas no curso 2024/25.
  2. Solicitar bolsa de prácticas SMT cando saia a convocatoria SMT 2023/24, seguindo o procedemento indicado na propia convocatoria. Nota aclaratoria: Non hai limite de prazas, sempre que os gastos corran a conta do alumnado (beca cero). A beca económica só se percibirá de resultar adxudicatario da mesma en base ás bases da convocatoria pertinente.
  3. Presentar conxuntamente e en prazo os seguintes documentos na secretaría do centro:
    1. Renuncia á matrícula das Prácticas Externas por causa de participar nunha mobilidade Erasmus SMS durante o primeiro semestre, e matricularse novamente nesta disciplina no curso 2024/25.
    2. Expoño-solicito solicitando permiso especial á xefatura de estudos para a realización do Traballo Fin de Estudos no curso 2023/24, por non ter podido realizar as Prácticas Externas en tempo, a falta de 18 créditos ECTs para completar o currículo.
  4. Solicitar prácticas extracurriculares, seguindo o procedemento indicado na convocatoria de prácticas extracurriculares 2023/24, e tendo en conta que será o estudante o responsable de buscar a empresa, e que durante o periodo de prácticas extracurriculares deberá estar debidamente asegurado pola empresa.

NOTA IMPORTANTE: Para calquera das opcións, lémbrase que o feito de cursar unha mobilidade Erasmus non exime do cumprimento das obrigas como estudante da EASD Mestre Mateo, debendo cumprir todos os procedementos e prazos como un estudante máis.

 

Aínda que non estaba contemplado na convocatoria, DE XEITO EXTRAORDINARIO permitirase ao alumnado que desexe mudar de destino respecto ao presentado dentro do prazo da convocatoria. Esta modificación permitirase por motivos de compaxinación do calendario do curso dos centros de destino coa realización de prácticas externas, sempre tendo en conta que non se fletará ningunha praza que xa teña sido adxudicada a outra compañeira na adxudicación provisional, así como que os prazos dos centros de destino son alleos á EASDMM. Para poder modificar o destino é necesario enviar un correo electrónico a erasmus@easd.es antes do 17 de marzo ás 12h.
Erasmus SMT

Axenda