ERASMUS | Convocatoria Erasmus+ K107 para profesorado

14 11 2022 | Novas

A EASD Mestre Mateo fai pública a segunda parte da convocatoria de axudas para a Mobilidade de Persoal Docente correspondente ao curso 2022/2023, no marco do programa Erasmus+ KA107 para países asociados.

Este programa desenvólvese grazas á aprobación por parte da Comisión Europea das Mobilidades de estudantes e persoal entre países do programa e países asociados polo Servicio Español para a Internacionalización de la Educación (SEPIE) ao Consorcio de Artes.

Dispoñemos de 1 praza para o Sagarmatha College for Higher Studies, afiliado coa Tribhuvan University e a Purbanchal University. A estadía sería do 10/04/2022 ao 14/04/2023.

O profesorado interesado debe entregar os papeis no horario de secretaría, na secretaría da Escola (acceso por porta principal) como data limite este venres día 18/11/2022, antes das 11h.

Podedes descargar as bases premendo AQUÍ

Axenda