Un ano máis a EASDMM en colaboración coa Fundación DIDAC organiza as Xornadas de Apertura de curso da EASD Mestre Mateo. As xornadas, que terán lugar o vindeiro 24 de outubro no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, estarán centradas nesta ocasión na sostibilidade.
PROGRAMA DA XORNADA
10.00h Benvida e introdución do director da escola Juan Adrio.
10.20h Brais Lorenzo. Fotoperiodista. Premio Ortega y Gasset de xornalismo. Falará sobre o traballo «Habitar o baleiro» centrado no abandono do rural Galego.
11.10h Gema Neira (Cholita). Reciclaxe de redes. Economía circular.
12.00h Descanso.
12.20h Basurama. Colectivo que investiga sobre as posibilidades de reutilización dos residuos en proxectos de diversa índole.
13.10h Insertega. Reciclaxe téxtil na industria da moda.
14.00 Despedida e peche da xornada.