FOTOGRAFÍA | A Fundación MOP beca a dúas egresadas do Ciclo de Fotografía para formarse en Milán

4 11 2024 | Sin categorizar

Dúas alumnas da EASDMM, Lucía Novais e Sofía Dagá, participan están a participar desde o pasado mes de setembro e até o vindeiro decembro nun programa educativo na Fundación Sozzani de Milán.

Esta convocatoria, realizada pola Consellería de Educación en colaboración coa Fundación MOP, outorga catro bolsas de estudo na Fundación Sozzani de Milán. O programa inclúe a viaxe, aloxamento, programa educativo e mantemento entre setembro e decembro deste ano. As persoas seleccionadas desenvolverán un proxecto fotográfico baixo a supervisión de titores, coa posibilidade de acceder ás clases maxistrais con fotógrafos relevantes, participar en eventos e actividades da propia fundación, e sistir ao festival PhotoVogue. Ademais, as bolseiras realizarán unha viaxe académica e cultural a cidades como París ou Roma, denvolvendo actividades en colaboración co escolas de arte, imaxe e fotografía francesas e italianas.

Parabéns a Lucía e Sofía!

+ info:

Axenda