Matrícula Graos
Alumnado de novo ingreso
Proceso de admisión alumnado de novo ingreso – Curso 2022/23
ACCESO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO: consultar a información aquí
Matrícula alumnado de novo ingreso
Do 23 ao 29 de xullo de 2020, ambos incluidos.
NOTA: NON FORMALIZAR A MATRÍCULA IMPLICA A PERDA DA PRAZA DE ACCESO.
Documentación:
- Impreso da escola cuberto
- 2 fotografías
- Xustificante de ter aboado as taxas (o impreso facilítase na Secretaría do centro)
- Xustificante de ter aboado o seguro escolar (menores de 28 anos)
Alumnado de cursos anteriores
Prazos de matrícula alumnado de cursos anteriores – Curso 2022/23
A matrícula farase únicamente por medios telemáticos mediante a secretaría virtual do centro. Para poder acceder teredes que pulsar no enlace que figurará na páxina web do centro (activarémolo enlace canto antes) , introducir o voso usuario e contrasinal e marcar as opcións que decidades. Podedes baixar as instruccións do proceso aquí.
Prazos
- Alumnado que realiza a matrícula do 4º curso: do 15 de xuño ao 23 de xuño. Aviso: Debido á imposibilidade de ofertar as mesmas prazas en tódalas disciplinas optativas, a matrícula do 4º curso farase por orden da media do expediente académico ordeado de maior a menor. O alumnado recibirá un mail de aviso no correo que figura na Secretaría Virtual (CodexPro). Aquel alumnado que non faga uso da súa franxa horaria de matrícula terá que adaptar a matrícula á oferta de disciplinas optativas que teña cando decida facelo a partir do día 24 de xuño ás 9:00 horas.
- Alumnado que realiza a matrícula en 2º e 3º curso e que… superou tódalas disciplinas nas que estaba matriculado na convocatoria ordinaria, e alumnado de 4º que non o fixo na súa franxa horaria. Poderá matricularse premendo no enlace de realizar matrícula a partir do 24 de xuño dende ás 9:00 horas. Do 24 de xuño (a partir das 9:00) ao 20 de xullo.
- Alumnado que se presentou á convocatoria extraordinaria e resto do alumnado: do 8 ao 20 de xullo.
Documentación
- Solicitude de matrícula
- Xustificante de ter aboado as taxas (o impreso de pago facilítase na secretaría do centro)
- Xustificante de ter aboado o seguro escolar (menores de 28 anos)
Taxas
Publicado noDOG do 17 de xuño o Decreto de prezos públicos para as Ensinanzas Superiores de Deseño – CADRO RESUMO
Preinscrición
Preinscrición para as probas de acceso: 64 € en concepto de dereitos de exame -exentos alumnos con acceso directo-.
Na Secretaría facilítase o impreso de pago.
Matrícula
Instruccións para o pago telemático da matrícula na Axencia Tributaria de Galicia
Apertura de Expediente
Servizos xerais (págase tódolos anos)
|
22 € 13 € |
Matrícula: prezo por crédito | 1ª matrícula: 4,70 € / crédito ECTS 2ª e sucesivas: 6,70 € / crédito ECTS Recoñecemento de créditos: 1€ / crédito ECTS |
Exencións |
|
Fraccionamento da matrícula
poderase fraccionar o pagamento das contías en concepto de matrícula.
- Primeiro pagamento: 50% no momento de formalizar a matrícula
- Segundo pagamento: 50% no mes de xaneiro
Seguro Escolar
Deben aboalo os menores de 28 anos: 1,12 €
Expedición do título
Normal: | 69,34 € |
Familia Numerosa Xeral: | 34,69 € |
Familia Numerosa Especial: | – |
Duplicados: | 6,95 € |