EXPOSICIÓN | O alumnado do CS de Fotografía expón a partir do mércores o seu “Dicionario Visual Galego” na Facultade de Filoloxía da USC

28 05 2023 | Novas

Dicionario Visual Galego

Unha imaxe vale máis que mil palabras?

Ao falar de dicionario sempre pensamos nun glosario de termos definidos a través da escrita, pero por que non representar estes conceptos visualmente?

O alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Fotografía da EASD Mestre Mateo propón outra maneira de explicalos, revelando o seu significado a través da linguaxe visual.

Este traballo grupal ten a humilde pretensión de achegar unha nova vía de acceso ao noso eido cultural, proporcionando un xeito diferente de definir os significados que conforman o noso saber.

Nesta exposición recollemos unha escolma de 23 imaxes, unha por cada letra do noso abecedario, que serve como inicio dun proxecto máis amplo que se irá construíndo ao longo dos anos coa elaboración de novas imaxes por parte das vindeiras xeracións do alumnado que curse estes estudos.

Ao ser un proxecto fotográfico e filolóxico, consideramos que a Facultade de Filoloxía da USC é o lugar idóneo para mostrar esta proposta, fomentando sinerxias entre estudos, estudantes e institucións coas que conseguir un maior enriquecemento tanto a nivel formativo como persoal.

A exposición inaugurarase  o vindeiro mércores 31 de maio ás 19h e poderá verse na Facultade de Filoloxía da USC ata o mes de setembro.

Diccionario Visual Galego

Axenda