EXPOSICIÓN | O mestre xoieiro e exalumno Manuel Dávila realiza unha exposición coa súa traxectoria

15 11 2024 | Novas

Desde hoxe e até o vindeiro 31 de marzo de 2025, o Museo das Peregrinacións acolle a mostra Manuel Dávila: a pegada do oficio na vida, organizada por Ourives de Compostela coa colaboración do museo, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a Fundación Artesanía da Xunta de Galicia.

Manuel Dávila, exalumno da Escola Mestre Mateo, é o xoieiro máis veterán da asociación Ourives de Compostela. De feito, a mostra acolle tamén un cofre en prata exquisitamente realizado polo mestre xoieiro durante o seu paso pola escola e cedido pola mesma para a exposición, que La Voz de Galicia utiliza xunto ao creador e a comisaria da exposición para ilustrar a nova da mostra.

A exposición, comisariada pola súa neta Adela Dávila, acolle tamén varias pezas de ourivería elaboradas por Dávila, así como fotografías, ferramentas e material profesional e persoal do xoieiro.

Á inauguración, celebrada onte, asistiu o noso director, Juan Adrio, e varias docentes da nosa Escola, xunto a representantes do Museo das Peregrinacións, Ourives de Compostela, o Concello de Santiago e a directora xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, quen destacou o exemplo que constitúe Manuel Dávila para o alumnado do itinerario de Xoiaría e Complementos do Grao Dual en Deseño de Produto que se imparte na EASD Mestre Mateo.


A nova na prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2024/11/15/span-langglpolas-mans-manuel-davilaspan/0003_202411S15C6994.htm

https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/11/15/unha-escolma-da-obra-do-ourive-manuel-davila-museo-peregrinacions-111700568.html

Axenda