FORMACIÓN DO PROFESORADO | Presentes no Primeiro Encontro Académico de CLO

9 05 2025 | Novas

Onte celebrouse en Madrid o Primeiro Encontro Académico de CLO organizado dende CLO Academics, onde se falou desta empresa e o servizo que ofrecen, para a  industria da moda 3D Insights, de CLO 3D e CLO SET para a educación en moda e CLO para a investigación académica con exemplos de distintas institucións como é o Museo do Traxe de Madrid e rematouse cun networking.

Asistiron en representación da escola dúas docentes da especialidade de moda: Patricia Agudo, quen está a impartir este software no 4º curso na disciplina de Patronaxe CAD; e Mónica Fernández, titora do Dpto. de Empresas da mesma especialidade.

 


Axenda