GALTEO | Convocatoria do Premio “A lingua, arte da túa terra”, aos mellores Proxectos/ Traballos Finais de Estudos

18 10 2023 | Novas

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola convoca un ano máis o Premio “A lingua, arte da túa terra” ao que se poderá presentar todo o alumnado da EASD Mestre Mateo, que no seu proxecto Final de Estudos, poña en valor a Lingua e a Cultura Galegas.

Bases

  1. Poderán optar ao premio os Proxectos que cumpran os seguintes requisitos:
    • A lingua utilizada terá que ser obrigatoriamente a galega, tanto na escrita como na presentación ante o tribunal.
    • O proxecto terá que por en valor a Cultura Galega: ben pola temática, os materiais empregados, etc.
    • Cada participante deberá rechear un formulario de rexistro e envialo por correo electrónico a galteo@easd.es
    • Haberá un premio para Ciclos Formativos e outro para Estudos Superiores, dotados con 200€ cada un.
    • Serán aceptados tódolos Proxectos Finais do curso académico da convocatoria do premio, que acaden unha cualificación igual o superior a 5.
  2. Data límite de presentación: 30 de Xuño. Pasado dito prazo, non se admitirá ningún Proxecto.
  3. O xurado estará composto polas/os integrantes do EDLG.
  4. A resolución comunicarase por correo electrónico ás/ós gañadoras/es.
  5. As/os gañadoras/es asinarán un documento de cesión de dereitos de imaxe e/ou autor/a, se fora o caso.
  6. O premio pode quedar deserto se Galteo así o estima.
  7. Para calquera dúbida pódese contactar con Galteo no enderezo electrónico: galteo@easd.es
  8. A participación no Premio implica a aceptación destas bases.

 

Descargar formulario de inscripción

Galteo Easd

Axenda