GRADUACIÓN EASDMM | 300 persoas congregaranse este venres para celebrar a graduación da última promoción da EASDMM

25 06 2024 | Novas

Más de 60 estudantes congregaranse este venres xunto a profesorado e familiares para celebrar a súa graduación.

As promocións 2022-2024 dos CFGS de Fotografía, Xoiaría Artística e Técnicas Escultóricas; e as promocións 2020-2024 dos Graos en EAS en Deseño de Produto e en Deseño de Moda, respectivamente, recibirán cadansúa beca branca, seguindo o protocolo académico das especialidades de artes.

O evento terá lugar ás 18h. no salón de actos do edificio San Clemente. Ao finalizar o evento, a Escola obsequiará aos asistentes cun petisco informal no claustro do edificio no que teremos oportunidade de compartir vivencias nun ambiente máis distendido.

Aproveitaremos tamén para homenaxear aos gañadores dos Premios Agasallo de Empresa a Sergio Domínguez (1º Premio) e Isani Gil (Accésit).

A Escola agradece especialmente a colaboración ao IES Rosalía de Castro, especialmente ao seu director, quen puxo tódalas facilidades para fletarnos o espazo nun día tan especial para a nosa comunidade educativa.

Axenda