Graos de deseño

 

Taboleiro resumo datas importantes das probas de acceso – Convocatoria Curso 2024/25

 

Data Publicación Documento
Pendente de publicación

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Deseño.

Prazo de inscrición para o acceso:

  • Do     de abril ao     de maio de 2024 – Para alumnado que non cumpra o requisito de titulación e teña que realizar as probas substitutivas da titulación de bacharelato.
  • Do     de abril ao    de xuño de 2024 – Para alumnado que cumpra o requisito de titulación.
Relación provisional de persoas inscritas nas probas que substitúen a titulación de bacharelato
  Relación definitiva de persoas inscritas nas probas que substitúen a titulación de bacharelato.
  Cualificacións provisionais das probas que susbtitúen a titulación de bacharelato
Cualificacións definitivas das probas substitutivas da titulación de bacharelato
Relación provisional persoas inscritas ás probas específicas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño
Relación provisional persoas inscritas ás probas específicas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño: Itinerario Xoiaría e Complementos
Relación definitiva persoas inscritas ás probas específicas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño
Cualificacións provisionais das probas específicas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño
Cualificacións definitivas das probas específicas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño
Cualificacións definitivas para a proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de deseño. Especialidade produto
  Alumnado que terá que realizar a entrevista de selección para optar a praza no novo itinerario de Xoiaría e Complementos nas Ensinanzas Superiores de Deseño de Produto

Relación de aspirantes admitidos/as a cursar os Estudos Superiores de Deseño nas EASD de Galicia

Relación de aspirantes admitidos/as a cursar os Estudos Superiores de Deseño de Produto Itinerario de Xoiaría e Complementos 

 

Relación de aspirantes admitidos/as a cursar os Estudos Superiores de Deseño nas EASD de Galicia – 2ª adxudicación

Relación provisional solicitudes de traslado de expediente

 

 

Prazas ofertadas na EASD Mestre Mateo

 

   

Título de Grao en
DESEÑO DE MODA

Título de Grao en
DESEÑO DE PRODUTO

Itinerario Xoiaría e Complementos

Itinerario Xeral

A Acceso Directo

7

3

2

B Proba Específica

23

10

9

C Reserva Deportistas de Alto Nivel e Rendemento, superando proba específica

(as necesarias)

(as necesarias)

D Reserva aspirantes con discapacidade do 33%, superando proba específica

3

 2 1
TOTAL PRAZAS*

33

15

12

*As prazas non cubertas en calquera quenda acumularanse á reserva B. As prazas non cubertas así acumularanse á reserva A.

 

Tipos de acceso

 

Acceso Directo
  • Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño

20% das prazas

Acceso mediante Proba Específica
  • Título de bacharelato ou equivalente

  • Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos superada
  • Sen título de acceso: superando previamente a proba sustitutiva de titulación para aspirantes que cumpran 18 anos no ano actual

80% das prazas

As probas de acceso realizaranse alomenos unha vez ao ano e serán as mesmas para todas as Escolas Superiores de Deseño de Galicia.

A superación da proba específica só ten validez para ese curso, sendo válida para matricularse en calquera centro do Estado onde se cursen esas ensinanzas.

 

Máis información sobre o acceso

Consulta AQUÍ as dúbidas máis frecuentes.

 

Para a formalización das solicitudes de inscrición ás probas de acceso na Secretaría falicitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto, tamén pódese descargar aquí o modelo para acceso mediante proba específica ou o modelo para acceso directo, no que se indicará a orde de preferencia de especialidade e escola na que se desexan cursar estas ensinanzas. Pódense solicitar un máximo de catro opcións. Unha vez cuberto, deberase presentar unha única solicitude na secretaría, xunto coa seguinte documentación (Importante! Traer Orixinal e fotocopia da documentación):

  1. Copia de DNI, NIE ou pasaporte.
  2. Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso:

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado.

Instrucións para realizar o pago da inscrición de modo telemático

 

 

Inscrición Telemática

 

 

Datas de inscrición para as Probas de Acceso (Pendente de publicación)

 
Do    de abril ao     de maio de 2024

Para alumnado que non cumpra o requisito de titulación e teña que realizar a proba sustitutiva do requisito de titulación.

 

Do    de abril ao      de xuño de 2024

Para alumnado que cumpra o requisito de titulación.

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático. Non obstante, tamén poderase formalizar nas secretarías das escolas. As persoas aspirantes que so dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscripción nas secretarías das escolas.

 

Inscrición Telemática

Realizarase cubrindo o formulario en: https://www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Para completar o proceso de inscripción, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requerida na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño.

Instrucións axuda pago de taxas telemático para a inscrición acceso a Deseño.

 

Inscrición Presencial

Farase nas secretarías da EASD Mestre Mateo, EASD Pablo Picasso, EASD Ramón Falcón, EASD Antonio Faílde. Para a Mestre Mateo será necesario solicitar cita previa na seguinte ligazón: CITA PREVIA MESTRE MATEO. (Importante!! Traer Orixinal e fotocopia da documentación)

Horario de atención ao público da Secretaría da EASD Mestre Mateo: de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres. Lembramos que a recomendación é realizar a inscrición telemática, pola seguridade das persoas e para evitar colas e aglomeracións. Lembramos tamén que para entregar a documentación xerada na inscrición telemática non é necesario solicitar cita previa.

Para a formalización das solicitudes de inscrición na Secretaría falicitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto, tamén pódese descargar aquí o modelo para acceso mediante proba específica ou o modelo para acceso directo, no que se indicará a orde de preferencia de especialidade e escola na que se desexan cursar estas ensinanzas. Pódense solicitar un máximo de catro opcións. Unha vez cuberto, deberase presentar unha única solicitude na secretaría, xunto coa seguinte documentación (Importante!! Traer Orixinal e fotocopia da documentación):

  1. Copia de DNI, NIE ou pasaporte.
  2. Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso:

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado.

Instrucións para realizar o pago da inscrición de modo telemático

 

 

Datas de realización das Probas de Acceso (Pendente de publicación)

 
Proba Substitutiva de Titulación

Realizarase o      de maio, ás 11:30 horas, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

 

Proba Específica

Realizarase o      de xullo na EASD elexida como 1º opción: Mestre Mateo, Pablo Picasso, Ramón Falcón e Antonio Faílde.

+ Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.

+ Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas

O certificado de ter superado a proba sustitutiva de titulación é válido para sempre.

A superación da proba específica só ten validez para ese curso, sendo válida para matricularse en calquera centro do Estado onde se cursen esas ensinanzas.

 
Proba Substitutiva de Titulación

+ Única para todas as especialidades de Deseño

+ Versará sobre as materias comúns do Bacharelato

+ Cualificarase como apto ou non apto. O apto permitirá o acceso á Proba Específica

 
Exemplos da Proba Substitutiva de Titulación
 
Proba Específica

+ ÚNICA PARA TODAS AS ESPECIALIDADES: PRODUTO, MODA, INTERIORES E GRÁFICO

+ Versará sobre os coñecementos, aptitudes e habilidades para cursar con aproveitamento estes estudos

+ Cualificarase con nota numérica de 0 a 10 con dous decimais. Será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes da proba. Superarase a proba cunha nota media final a partir de 5,00.

 
Estrutura da Proba Específica

ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño.

Artigo 5. Características da proba específica de acceso.

A Proba Específica de acceso ás ensinanzas superiores en Deseño constará de dúas partes:

 
Primeira parte

Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
Nesta parte da proba, o tribunal valorará:

  • A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
  • A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
  • O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
  • A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.
 
Segunda parte

Os/as aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas:

+ 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.

+ 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior. Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

 
Exemplos da Proba Específica

Probas Acceso 2018-19

Probas Acceso 2019-20

Probas Acceso 2020-21

 
Que é unha EASD?

Unha EASD é unha Escola de Artes e Superior de Deseño.

En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia: EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EASD Pablo Picasso, en A Coruña, EASD Ramón Falcón, en Lugo.EASD Antonio Failde, en Ourense.

Que se pode estudar nunha EASD?

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:

+ Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos). Ademais, a Oferta Modular dá a posibilidade de cursar módulos soltos dalgún ciclo formativo.

+ Ensinanzas Superiores en Deseño, equivalentes a todos os efectos aos títulos universitarios de Grao. (4 cursos)

Que Especialidades de Deseño se poden estudar na EASD Mestre Mateo?

Na EASD Mestre Mateo podes matricularte nas Ensinanzas Superiores en Deseño de Moda e tamén nas Ensinanzas Superiores en Deseño de Produto

 


SOBRE A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO:

 
Podo inscribirme na EASD Mestre Mateo se non teño o Bacharelato aprobado?

Si, se tes máis de 18 anos ou os cumpres neste ano. Tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza

Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver a facela?

Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre, terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar.

Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero o vou a aprobar na convocatoria extraordinaria, podo acceder a estudar Deseño o vindeiro curso?

Si, ao facer a solicitude de inscrición marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato” . IMPORTANTE: o alumnado pendente de aprobar o Bacharelato en setembro so terá acceso no caso de que non se completen as prazas ofertadas na convocatoria de xuño. Recomendación: no caso de que non esteas seguro/a de aprobar, tamén podes facer as probas de madureza.

Se non teño bacharelato pero teño superada a proba de acceso a ciclo superior teño que presentarme á proba de madurez igualmente?

A superación da proba de acceso a un ciclo de grao superior non exime da proba de madureza de acceso ás ensinanzas superiores, xa que se trata de ensinanzas de diferente nivel

Se teño aprobada a proba de acceso a Deseño en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?

Si, as probas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que repetila.

Onde teño que facer a inscrición?

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático. Non obstante, tamén poderase formalizar nas secretarías das escolas. As persoas aspirantes que so dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscripción nas secretarías das escolas.

Telemáticamente cubrindo o formulario en: www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Para completar o proceso de inscripción, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requerida na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño. Horario secretaría de 9 a 13h de luns a venres.
Presencial nas secretarías da: EASD Mestre Mateo, EASD Pablo Picasso, EASD Ramón Falcón, EASD Antonio Faílde.

Podo facer a inscrición por internet?

Si, realizando o procedemento explicado no punto anterior.

Que debo indicar na solicitude?

Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia e ata un máximo de 4 opcións:
+ as especialidades que se desexan cursar (moda ou producto, gráfico, interiores). O primeiro curso é común a todas as especialidades e, no caso de que queiras cambiar en segundo curso, poderías facelo se existen prazas dispoñibles.

+ a EASD na que as desexan cursar (Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense). É recomendable seleccionar máis dunha Escola, por se non se accede á elexida en primeiro lugar.

Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte.
b) Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo os modelos indicados na convocatoria
– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías das escolas).
– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde a ligazón: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos
– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).
O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado.
A información completa podes consultala no enlace.Ademais da documentación acreditativa que corresponda, fotocopia cotexada (Título universitario, de bacharelato, de técnico superior de artes plásticas..). Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar.

Qué título fai falta para poder optar ao acceso directo nas Ensinanzas Superiores de Deseño?

Un título Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en calquera especialidade, como por exemplo os títulos de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, Escultura, Xoiaría que se imparten na escola.

Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?

Non. Soamente se ofertan un 20% das prazas para os que optan polo acceso directo. Para os estudios de Deseño de Moda son 6 prazas para aspirantes que opten polo acceso directo (dun total de 30 prazas ofertadas). Para a titulación de Deseño de Produto son 4 prazas para os aspirantes que opten polo acceso directo (dun total de 20 prazas ofertadas).No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.

Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? Caso en que o aspirante está pendente da avaliación do proxecto final para a obtención do título.

Si, se aportas o título no momento de facer a matrícula.

Onde podo consultar as probas doutros anos?

IMPORTANTE: A convocatoria de acceso 2017/2018 foi a primeira na que as probas de acceso son únicas para todas as especialidades de Deseño: Produto, Moda, Gráfico e Interiores, polo que as probas dos cursos anteriores non se axustan ao novo modelo de proba única. Podes descargar un modelo de proba neste enlace

Se non tes decidida a especialidade, podes facer as probas e logo escoller?

No momento de facer a inscrición, tes que indicar, por orde de preferencia, as especialidades que se desexan cursar así como a escola na que as desexan cursar. Poderanse solicitar un máximo de catro opcións. En función da nota da proba e as preferencias indicadas por cada solicitante, a cominsión de admisión fará pública a listaxe de persoas admitidas para cada escola e especialidade, que terán que formalizar a matrícula no prazo correspondente

Onde van a ser as probas de acceso?

Como novidade, este curso a proba específica levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela), EASD Pablo Picasso (A Coruña), EASD Ramón Falcón (Lugo) e EASD Antonio Faílde (Ourense).Terás que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que teñas máis preto do teu domicilio (independentemente das preferencias sinaladas para cursar os estudos o vindeiro curso)

Cando terán lugar as probas de acceso?

Os días que se establezan na convocatoria cando se publiquen as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño cada curso.
Para o acceso ao curso 2021-22, a proba será o día 6 de xullo de 2021.

Hai temario ou bibliografía para preparar as probas?

Non, pero podes consultar os modelos de probas de cursos anteriores http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27128
Tamén enlazamos aquí esta guía realizada polos compañeiros da EASD Ramón Falcón de Lugo

Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?

Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido nas instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para cada curso.

Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?

Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.

Canto custa a matrícula nas EEAASS de Deseño?

O importe da matrícula dependerá do número de créditos ECTS nos que te matricules. O importe dos créditos ven dado polo Ministerio de Educación, e para o pasado curso foi de 4.7 €/crédito en primeira matrícula. (Curso completo en primeira matrícula: 60 créditos TOTAL:282€)Ademáis, no caso de ser menor de 28 anos, debes abonar o Seguro Escolar, que o curso pasado tiña un importe de 1.12€

Podo solicitar unha beca?

Si. A Beca hai que tramitala directamente dende a páxina web do Ministerio de Educación. No momento de facer a matrícula, deberás indicar se a solicitaches. E unha vez que saia a resolución coa concesión ou denegación, deberás informar á Secretaría da Escola.

Podo cursar o 1º curso nunha especialidade e solicitar o cambio a outra especialidade nos seguintes cursos?

Si, o primeiro curso é común a todas ás catro especialidades de deseño (Gráfico, Interiores, Produto e Moda) agás unha disciplina obrigatoria de especialidade. Unha vez rematado o curso, podes solicitar o cambio de especialidade ou o traslado de matrícula a outra EASD. A aceptación deste cambio está supeditado a existencia de vacantes na nova especialidade.

 

MÁIS PREGUNTAS SOBRE AS TITULACIÓNS DAS EEAASS DESEÑO

 

ERASMUS| Podo acceder a facer unha estadía no estranxeiro cunha beca Erasmus?

Si. A Escola ten establecidos os convenios correspondentes polos que o alumnado pode solicitar unha beca Erasmus e facer parte dos seus estudos e/ou das prácticas nun centro no estranxeiro. Podes consultar os centros asociados no seguinte enlace

Vou facer prácticas en Empresas?

Si. No 4º curso, está prevista a realización da Formación en Centros de Traballo cunha carga horaria de 250 horas. A Escola ten establecidos convenios con diversas empresas que acollen ao alumnado en prácticas. E tamén podes propor a empresa na que queres facer as prácticas e a Escola elabora o convenio correspondente.

Vou facer traballo Fin de Estudos?

Si. Para rematar os Estudos hai que presentar un TFE. (Traballo Fin de Estudos)

Que titulación acado ao rematar os estudos?

Ao rematar os estudos acádase unha titulación superior de nivel 2 (Grado) do MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior), equivalente a todos os efectos ás titulacións de Grao Universitario. Unha vez rematados os estudos, pódese solicitar o título na Secretaría, abonando as taxas correspondentes, que o curso pasado foron de 66,57€.