O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado da Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez Fernández, e o Subdirector Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, Rubén Vázquez Rodríguez, visitaron esta mañá a Escola co gallo da inauguración do curso da primeira promoción do itinerario de Xoiaría e Complementos do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto.
Máis info: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40959