A profesora de historia da arte María Pose realizou a pasada semán unha mobilidade Erasmus+ organizada polo Consorcio de Artes, no Sagarmatha College For Higher Studies, en Katmandú, Nepal. Durante a súa estadía visitou tamén a facultade de Belas Artes da Tribhuvan University, universidade da que depende esta escola.
“Acolléronme con moito cariño e tiven a oportunidade de coñecer de cerca o sistema educativo do país. Foi toda unha experiencia. 🤩”, explica.