Mariano Casas, profesor de Debuxo Artístico. Mobilidade na Fakultet Likovnih Umjetnosti de Cetinje (Montenegro). Curso 2022/23

9 12 2022 | Blog Erasmus

O profesor de Debuxo Artístico e Cor da EASD, Mariano Casas realizou entre o 14 e o 18 de novembro unha mobilidade Erasmus + na que visitou a Fakultet likovnih umjetnosti de Cetinje, máis coñecida como FLU. A Facultade de Belas Artes de Montenegro, ubicada na antigua capital do país, Cetinje. Alí coincidiu con outros dous profesores, María Vazquez, da EASD de Lugo, (historia) e Cristovao Pereira, da Facultade de BBAA de Lisboa (deseño). Os tres coñeceron a facultade da man da coordinadora Erasmus, Maja Sofranac. Visitaron os seus talleres, e Mariano impartiu un workshop para os alumnos de debuxo e pintura de 1º curso, sobre a creación como actividade colectiva.
Falou tamén ao alumnado sobre a nosa Escola e a cidade de Santiago, e sobre a súa concepción do debuxo como xeito de profundización e ampliación da experiencia perceptiva.