Miguel Álvarez Fernández, profesor de Fotografía. Mobilidade na Universidade de Artes de Tirana (Albania). Curso 2021/22

16 03 2022 | Blog Erasmus

Erasmus+ coa Universidade de Artes de Tirana

Durante a semana do 7 ao 11 de marzo, realicei unha mobilidade para coñecer a Universidade de Artes de Tirana. O programa propoñía unha estadía activa no centro ao longo de cinco días centrada en diferrentes puntos:
por un lado a promoción da EASD Mestre Mateo diante do alumnao albano, a creación de relacións entre profesorado de ambos centros e de outros centros españois incluidos no programa – neste caso, a EASD de Burgos-,e
a análise e coñecemento das diferencias nos sistemas educativos dos diferentes centros, afondando nas estratexias metodolóxicas, a dispoñibilidade de recursos e as diferentes solucións atopadas fronte as limitacións.

Dentro do programa realizáronse visitas guiadas por docentes do centro aos diferentes departamentos da Universidade de Tirana, reunións co rector e co profesorado, no meu caso de fotografía, deseño gráfico e moda, así como
se impartíu un pequeno workshop en inglés – axudando ao alumando un traductor inglés-albano- e se fixo unha presentación en inglés dos diferentes programas de estudos da EASD Mestre Mateo, así como das súas intalacións
e da propia cidade de Santiago de Compostela propoñéndolla ao alumando para realizar programas Erasmus nos próximos anos.

Na Europa actual e futura, que presenta grandes retos para as próximas décadas e na que estamos vendo de novo medrar fronteiras mentais e reais, un rearme militar inimaxinable hai uns anos e unha crise política difícil de
resolver nos próximos meses, os programas de mobilidade tanto de profesorado como de alumando vólvense imprescindibles. Por unha banda porque axudan a romper esas fronteiras mentais e afondar na idea dun continente unido na
diferenza, por outra, porque nos permite crear e fortalecer redes a través de elemntos comúns, como pode ser a arte, e por suposto permítenos desenvolver programas de formación que favorecen a mellora de todos os axentes implicados.
Fronte aos retos futuros as mobilidades internacionais son unha das respostas para un mundo mellor.

Miguel