MODA | O alumnado de Deseño de Moda visita a empresa Ana Muñiz

14 11 2024 | Novas

O alumnado de 3º de moda realizou unha visita á empresa Ana Muñiz no polígono de Pazos, Padrón, durante a mañá do martes 12 de novembro.

O alumnado xunto con varias docentes viu en vivo todo o proceso de traballo de complementos desta empresa, que dende o ano 1983 traballa a confección en pel.

Alí puideron comprobar a calidade dos materiais e fornituras, a montaxe, cosido, maquinaria empregada, empaquetado e os estándares de calidade sobre varios modelos exclusivos dun importante cliente nacional e internacional.

A Escola agradece a Ana Muñiz a súa acollida e visita guiada.

Axenda