MONOGRÁFICOS | O 27 de setembro ábrese a matrícula para os monográficos do curso 2022-23

21 09 2022 | Novas

O vindeiro 27 de setembro ábrese a matrícula, de carácter gratuíto, para os monográficos do curso 2022-23.

Durante este curso 2022-23 ofertaranse os monográficos de:

  • Taller de Dourado e Prateado (170 horas)Prazas: 8
    Inicio: 5 de outubro de 2022  –  Fin: 8 de xuño de 2023
    Horario: 6 horas semanais (Luns de 10 a 12:20, mércores e xoves de 9 a 11 horas)
    Profesor: Santiago Riande Torres
    Aula: taller de dourado e policromía
    Departamento de ensinanzas profesionais de deseño de produto
  • Taller de Policromía (312 horas)Prazas: 10
    Inicio: 5 de outubro de 2022  –  Fin: 8 de xuño de 2023
    Horario: 11 horas semanais (Luns de 12:20 a 14:20, martes de 11:20 a 14:20, mércores e xoves de 11:20 a 13:20 e venres de 12 a 14 horas)
    Profesor: Santiago Riande Torres
    Aula: taller de dourado e policromía
    Departamento de ensinanzas profesionais de deseño de produto

 

INSCRICIÓN: do 27 ao 30 de SETEMBRO
A inscrición realizarase na Secretaría da Escola.
O prazo de inscrición ábrese o 27 de setembro de 2022 ás 10:00 horas.
Debe presentarse o impreso de inscrición cuberto, unha fotocopia do DNI e unha foto.
Admisión de alumnado por orde de inscrición.
Os alumnos que xa cursaran algún monográfico en anos anteriores serán admitidos unicamente no caso de quedar prazas vacantes.
Entregarase unha certificación acreditativa ao alumnado que curse con aproveitamento o monográfico e asista con regularidade

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS: luns 3 DE OUTUBRO
MATRÍCULA: martes 4 de Outubro (de 10 a 13 horas na secretaría do centro)
Inicio de clases: mércores 5 de outubro

Ouro

Axenda