Fotografía

TITULACIÓN
(Ciclo corto – MECES 1 – EQF 5):
Técnico Superior Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na especialidade de Fotografía

DURACIÓN
2 anos

Nº CRÉDITOS
120

CARÁCTER
Presencial

MÓDULOS Horas totais ECTS
CURSO PRIMEIRO -1º, 2º e 3º trimestre-
1. Fundamentos da representación e a expresión visual 144 8
2. Teoría da imaxe 72 4
3. Historia da fotografía 72 4
4. Medios informáticos 144 8
5. Técnica fotográfica I 216 10
6. Proxectos de fotografía I 288 18
7. Linguaxe e tecnoloxía audiovisual I 144 8
CURSO SEGUNDO – 1º e 2º trimestre-
8. Teoría fotográfica 144 8
9. Técnica fotográfica II 144 8
10. Proxectos de fotografía II 216 8
11. Linguaxe e tecnoloxía audiovisual II 144 8
12. Formación e orientación laboral 72 4
CURSO SEGUNDO -3ºtrimestre-
Proxecto integrado 50 18
Formación práctica en empresas, estudios ou talleres 150 6
TOTAL 2.000 120
 

O fotógrafo profesional pode exercer a súa actividade ben desde un estudio propio ou dentro de organizacións e empresas diversas (editoriais, xornais, científicas, deseño, publicidade…).
A crecente importancia da comunicación visual en tódolos eidos fai que a fotografía supoña unha ferramenta esencial en moitísimos sectores industriais, artísticos e sociais.
Os sectores con máis demanda son o xornalismo, o da reportaxe social, o científico, o mundo da moda e o deseño, a fotografía deportiva, documentalismo… sen olvidar o da creación artística desde as bases da fotografía e da comunicación audiovisual.

SAÍDAS PROFESIONAIS

 

 

O Técnico Superior en Fotografía debe ser un profesional capaz de crear e interpretar obras artísticas fotográficas e audiovisuais, no campo da publicidade, o deseño, a moda, a reportaxe social, a industria, a ciencia, o mundo editorial, o fotoxornalismo e a arte.

A fotografía constitúese nunha ferramenta básica nos diferentes eidos da ciencia, vida social e da arte; a capacitación de profesionais de alto nivel constitúese nunha demanda crecente desde todos estes sectores.

Como consecuencia disto, o ciclo superior de fotografía artística ven de ter desde a súa implantación unha alta demanda entre o alumnado, así como un alto índice de inserción profesional entre os titulados.

This site is registered on wpml.org as a development site.