Técnicas escultóricas

Oferta formativa > Técnico superior > Técnicas escultóricas

TITULACIÓN
(Ciclo corto – MECES 1 – EQF 5):
Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na especialidade de Técnicas Escultóricas

DURACIÓN
2 anos

Nº CRÉDITOS
120

CARÁCTER
Presencial

MÓDULOS Horas totais ECTS
CURSO PRIMEIRO -1º, 2º e 3º trimestre-
1. Debuxo artístico 144 8
2. Debuxo técnico 108 6
3. Volume 216 11
4. Historia da escultura 108 6
5. Aplicacións informáticas 108 6
6. Materiais e tecnoloxía da escultura 72 6
7. Taller de baleirado e moldeado 216 11
8. Proxectos escultóricos I 108 6
CURSO SEGUNDO – 1º e 2º trimestre-
9. Proxectos escultóricos II 216 11
10. Taller de pedra 144 7
11. Taller de madeira
144 7
12. Taller de metal
144 7
13. Formación e orientación laboral
72 4
CURSO SEGUNDO -3ºtrimestre-
14. Formación práctica en empresas, estudos e talleres 150 6
15. Proxecto integrado 50 18
TOTAL 2.000 120
 

Ademais da inserción profesional por conta propia ou allea en talleres artesanais e artísticos, a formación en escultura ten unha alta demanda noutros campos:

 

  • ornamentación e rehabilitación en construccións e edificios
  • creación de escenografías para teatro, cine, televisión…
  • arquitectura efémera en feiras, stands, congresos, centros comerciais…
  • mobiliario urbano
  • equipamento de parques infantís
  • xoguetes
  • elementos de festas populares (máscaras, monicreques…)
  • trofeos deportivos, agasallos de empresa, medallas e placas…
escultura

O obxectivo dos estudos de Técnico Superior en Técnicas Escultóricas é formar profesionais capaces de concibir e interpretar proxectos escultóricos, desde calquera tendencia plástica, tradicional ou actual.

Tradúcese este obxectivo na capacitación para executar pezas escultóricas en calquera material, facendo especial incidencia no traballo da pedra, metal e madeira, así como no baldeirado e moldeado artístico.

This site is registered on wpml.org as a development site.