Xoiaría artística

Oferta formativa > Técnico superior > Xoiaría artística

TITULACIÓN
(Ciclo corto – MECES 1 – EQF 5):
Técnico Superior Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na especialidade de Xoiaría Artística

DURACIÓN
2 anos

Nº CRÉDITOS
1.875

CARÁCTER
Presencial

MÓDULOS Horas totais Horas semanais
CURSO PRIMEIRO -1º, 2º e 3º trimestre-
1. Historia da ourivería, xoiaría e bixutería 95 3
2. Debuxo artístico e cor 95 3
3. Debuxo técnico 95 3
4. Proxectos de xoiaría 445 14
horas de libre disposición: proxectos de xoiaría 65 2
5. Tecnoloxía e microfusión 165 5
CURSO SEGUNDO – 1º e 2º trimestre-
1. Modelado e maquetismo 95 4
2. Taller de xoiaría 420 19
3. Xemoloxía 95 4
4. Formación e orientación laboral 65 3
CURSO SEGUNDO -3ºtrimestre-
Proxecto final 135  
Formación práctica en empresas, estudios ou talleres 105  
TOTAL 1.875 120

 

Dende o taller artesanal ás empresas que utilizan as últimas técnicas de producción de xoias, o/a técnico/a superior en xoiaría artística ten diante de si un dos sectores máis dinámicos da nosa Comunidade, e que demanda man de obra altamente cualificada.

A capacitación profesional dun técnico superior en xoiaría artística inclúe non só o traballo proxectual de concepción e deseño da peza; inclúe o dominio das técnicas tradicionais: calados, cicelado, soldadura, gravado ou técnicas de fundición á cera perdida.

Pero en pleno século XXI o técnico en xoiaría debe ser un profesional capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, aos novos materiais e últimas correntes en deseño.

SAÍDAS PROFESIONAIS

A xoiaría ten unha fonda tradición artística en Compostela, desde a propia orixe da cidade. Gremios como os dos prateiros ou os acibecheiros foron merecedores de gran prestixio.

Herdeiros de toda esta tradición xoieira na nosa cidade, a EASD Mestre Mateo vén de formar xeracións de xoieiros de toda Galicia. Xuntar o legado da tradición xoieira coas novas tecnoloxías de produción e a conexión coas últimas tendencias en deseño de xoias, é o reto ao que se enfrontan estes estudos.

Coñecer as tendencias do mercado, explorar novas liñas de deseño e indagar na renovación de formas e materiais convértese nuns dos eixes da metodoloxía destas ensinanzas.

This site is registered on wpml.org as a development site.