PREMIO IMAXE | Comunicado do Dpto. de Relación con Empresas, Estudos e Talleres

2 05 2023 | Novas

Dende o Dpto. de Empresas lamentamos comunicar que o concurso de imaxe de empresas queda novamente deserto. A razón desta decisión vén dada por non atoparse entre as propostas presentadas ningunha imaxe que reúna as características adecuadas para ser empregada como agasallo ás empresas colaboradoras nas prácticas do noso alumnado.

Agradecemos igualmente a vosa participación, e agardamos que vos animedes a participar novamente na vindeira convocatoria.

Saúdos,

Antón García

Xefe do Dpto. de Relación con Empresas, Estudos e Talleres.

Premios fin de carreira EAS

Axenda