PREMIOS | Convocados os Premios Fin de Carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia

25 09 2023 | Novas

Publicada a Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G), que se pode consultar a través desta ligazón do portal educativo da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, polo que irá do 26 de setembro ata o día 25 de outubro incluído, segundo se recolle no artigo 5.4. da convocatoria.

Axenda