PREMIOS | Convocatoria reunión informativa Premio de Imaxe EASDMM 2022/23

13 01 2023 | Novas

O Dpto. de Relación con Empresas, Estudos e Talleres convoca unha reunión informativa para explicar a convocatoria do Premio de Imaxe EASD Mestre Mateo 2022/23, que quedou deserto en primeira tanda, e do que se abrirá un prazo extraordinario para participar.

A reunión terá lugar o vindeiro venres 20 de xaneiro ás 11h. no salón de actos. Alí explicaranse os requisitos que deben presentar as propostas, así como o novo prazo de participación.

Establécense dous premios:

  • 1º Premio. 500€
  • Premio accésit. 200€

 

Axenda