PREMIOS | O exalumno de Deseño de Produto Xosé García, gañador do Gold Award nos International Design Awards

11 01 2023 | Novas

O exalumno de Deseño de Produto Xosé García resultou galardoado co Golden Award na última edición dos International Design Awards, na categoría “Home Interior Products – Kitchen, Accessories/ Tabletop” co proxecto “DIVO Cutlery”, realizado para o seu Traballo Fin de Estudos. Parabéns Xosé!

Segundo a organización, o obxectivo dos International Design Awards (IDA) é recoñecer, celebrar e promover lendarios visionarios do deseño e descubrir talentos emerxentes en arquitectura, interiorismo, produto, deseño gráfico e moda.

Podedes acceder desde AQUÍ á web oficial dos premios coa información e imaxes do proxecto.

Axenda