O alumnado de 2º de Deseño de Produto visitou onte as instalacións de Ikea, onde recibiu unha Másterclass sobre a historia e o funcionamento da compañía.
Durante a visita os futuros deseñadores da Escola recibiron unha clase sobre a historia da empresa, o seu espírito, e o seu xeito innovador de investigar tendencias. Despois, xa na tenda, dan man do persoal de Ikea, analizáronse multitude de mesas multifuncionais, sillas de comedor… e tamén explicaron as novidades no ámbito da iluminación, facendo especial fincapé na correcta iluminación dos espazos.