SAMAÍN EASDMM | Da orixe do Samaín á celebración actual

31 10 2023 | Novas

O Samaín é unha festividade na que se celebra o fin da tempada de colleitas e que podía durar máis de un día segundo o calendario luar celta. Toda a colleita que non se recolla antes de esta data debe permanecer nos campos como ofrenda aos Deuses. Estes días son coñecidos na cultura popular porque o velo entre este mundo e o alén dilúese e os defuntos poden camiñar entre nos. Ese é o motivo polo que na cultura celta píntanse a cara con borralla logrando pasar desapercibidos entre as pantasmas.

Pero os mortos non son os únicos visitantes nocturnos. Do máis profundo das fragas xurden fadas e trasnos que entran, dende a caída do sol, nas nosas casas. Se recibes a visita de unha fada terás un ano de boa sorte, se polo contrario che visita un trasno espérache un ano de infortunio. Por iso se prenden candeas en candís feitos de cabazas ( nos que non se recortaban rostros de monstros), para chamar coa súa cálida luz ás fadas dos montes galegos.

Este curso na Escola conmemoramos esta celebración vindo disfrazados ao centro recreando algunhas personaxes terroríficas da mitoloxía de todo o mundo: galega, cántabra, grega… Durante o descanso, os máis terroríficos/ orixinais foron galardoados coa cabazota, a cabaza, e a cabaciña honorífica Samaín Mestre Mateo. Acompañamos a esta entrada unha fotografía dos/as gañadores/as.

Axenda