Xornada de portas abertas 2022

24 03 2022 | Novas

O vindeiro XOVES 7 DE ABRIL celebraremos pola tarde unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS destinada ao alumnado que estea interesado en cursar para o curso que vén algunha das ensinanzas que impartimos na nosa Escola. Abriremos as portas tanto a estes posibles futuros/as estudantes como aos seus pais/ titores, así como aos orientadores/as que estean interesados/as en visitar o centro. As persoas interesadas poderán visitar os talleres a través de visitas guiadas nas que poderán consultar tódalas dúbidas que teñan en relación cos estudos, o acceso, etc.

Para RESERVAR A VISITA é suficiente enviar un correo a info@easd.es antes do 1 de abril. Esto permitiranos organizar as visitas en grupos reducidos e atender mellor ás necesidades dos/as futuros estudantes.

Na EASD Mestre Mateo impártense dous NIVEIS FORMATIVOS, ambos con carácter oficial.

Oferta formativa:

Títulos de Grao (EQF6/ MECES2)

EE.AA.SS. en Deseño de Moda
EE.AA.SS. en Deseño de Produto

Títulos de Técnico Superior (EQF5/ MECES1)

C.F.G.S. en Fotografía
C.F.G.S. en Técnicas escultóricas
C.F.G.S. en Xoiaría
Descarga a guía da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Galicia para obter máis información sobre as ensinanzas, programas, acceso, prezos… Tamén podes navegar pola nosa web.

Xornada de portas abertas 2022 EASD Mestre Mateo

Axenda