O vindeiro xoves 2 de novembro pola mañá, de 10 a 14 horas, o alumnado e profesorado da Mestre deixamos as aulas baleiras para irnos ao auditorio do CGAC e disfrutar todos xuntos das Xornadas de Apertura do curso 2023/24.
Estas xornadas organízanse en colaboración coa Fundación DIDAC. Esta acción sitúase en liña co obxectivo común de crear unha cultura do deseño e os procesos creativos elevando a súa percepción e as súas posibilidades, contribuíndo a crear a nova xeración de talento galego e potenciando a formación estratéxica dos profesionais creativos ao favorecer a súa especialización na medida das esixencias do mercado e as súas esixencias ou preocupacións actuais.
Nesta ocasión as xornadas versarán sobre sostibilidade e deseño.
PROGRAMA
XOVES 02.11
10.00 h
Presentación Xornadas Apertura 2023 EASD Mestre Mateo
Juan Adrio
Director da EASD Mestre Mateo
10.20 h
David Barro
Director da Fundación DIDAC
«Galicia. Procesos e formas. Unha historia do deseño».
Presentación da participación de Galicia como país invitado na Porto Design Biennale.
10.40-11.30 h
Isabel López-Rivadulla
SIGNUS Ecovalor e a Economía Circular
11.30-12.00 h
Descanso
12.00-12.55 h
Deborah García Bello
Los materiales nos hablan
13.00h – 13.50 h
Estudio Disolvente
Proyectos sostenibles