O Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a mellorar as habilidades e competencias para a busca de emprego.
Como?
A través de:
- Traballo con persoas mentoras (3 entrevistas cun mentor do seu sector de interese).
- Orientación laboral (cos titores do programa).
- Formación en técnicas de busca de emprego (tanto virtual como presencial)
- Networking (visita a empresas e mesas redondas).
Para quen?
- Persoas entre 18 e 30 anos.
- Con estudos universitarios, de formación profesional ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial rematados nun centro galego.
- De alta no Sistema de Garantía Xuvenil (ou que se inscriban antes de que remate o prazo o 1 de marzo).
Prazo limite inscrición
Ata o próximo 9 de decembro inclusive.
Organizan e promoven:
Este Programa execútase por parte de CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia), con financiamento da Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Xuventude/Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) e o FSE, en colaboración coas tres universidades de Galicia sendo, polo tanto, gratuíto para toda aquela persoa que queira participar.
+ info
- Folleto informativo
- https://www.xuventudementoring.gal/
- https://www.linkedin.com/company/xuventude-mentoring-galicia/posts/?feedView=all