A Oficina Internacional da EASD Mestre Mateo organiza a xornada ‘Tea Time & Erasmus Info’

5 11 2026 | Uncategorized

A Oficina Internacional da EASD Mestre Mateo convida a toda a comunidade educativa a participar na xornada informativa ‘Tea Time & Erasmus Info’, un encontro deseñado para resolver dúbidas e orientar o alumnado sobre a mobilidade internacional a través dos programas Erasmus+.

A cita terá lugar este venres, 6 de novembro, ás 11:00 h no Salón de Actos do centro.

Aproveitando a hora do descanso, a sesión desenvolverase nun ambiente distendido e relaxado, acompañado do tradicional té inglés con pastas. Nesta xornada abordaranse todos os detalles dos procedementos de solicitude, as contías das bolsas e as oportunidades de estadía no estranxeiro. Tamén lembraremos a novidade do reingreso de Gran Bretaña no programa Erasmus+, o que abre novas vías de intercambio para o alumnado.

Cando? Venres, 6 de novembro

A que hora? 11:00 h

Onde? Salón de Actos da EASD Mestre Mateo

Quen o organiza? Oficina Internacional da EASD Mestre Mateo

Preparade as vosas dúbidas e vinde compartir este espazo informativo connosco!

 

Axenda